Este concurso ten por obxecto promover a participación dos veciños na decoración de Nadal de lugares do municipio.
Nesta ocasión o xurado concedeu o primeiro premio, con un importe de 600 € a Milagros López Díaz polo traballo realizado en Vilar de Aldixe, na parroquia de Vilaragunte.
Este belén "multicultural" realizado con materiais reciclados pode visitarse ata o nove de xaneiro de 2012 en horario de 10:00 h a 16:00 h.
O segundo premio foi declarado deserto, mentres que o terceiro premio foi para Cristina López López polo traballo realizado no núcleo de Paradela, recibindo 200 €.